Foto: Teresa Martínez Armada

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE005361
Clasificación Genérica Armamento; Metais
Objeto/Documento Punta de lanza
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición [A partires dunha preforma fundida moi posiblemente]
Forxado [Para obter o biselado da folla]
Dimensiones Anchura = 3,50 cm; Peso = 270 gr; Altura = 0,90 cm; Lonxitude = 24,30 cm
Descripción Punta de lanza ou puñal de base en lingüeta rectangular simple, sen rebordos, con dous buratos circulares para fixar o encabamento mediante remaches de sección lenticular. A folla lanceolada presenta unha nervadura central por ámbalas dúas faces, aínda que o seu eixo lonxitudinal está torto. A sección da folla é de tendencia romboidal, e os gumes son grosos sen rebaixes. A superficie da peza está regularizada. Conserva parte dun remache, semella que de ferro, no interior dun dos buratos da lingüeta. Polo grosor da folla e dos fíos considérase máis lanza que puñal. Presenta un puído metalográfico na fractura da folla. A peza é coñecida como puñal de O Picote.
Datación 1400[ac][ca]-700[ac][ca]
Contexto Cultural/Estilo Idade do Bronce Medio I
Uso/función Arma ofensiva
Lugar de Procedencia Castrelo de Miño (Ribeiro (O) (comarca)
Historia del Objeto Estudios da composición da materia: 1980 no Proxecto para a investigación Arqueometalúrxica de Galicia (Xunta/Sarmento)mediante espectrometría de plasma ( I.C.P.) Refrencia OR-17.
Clasificación Razonada Pola súa tipoloxía é considerada dentro das produccións do Bronce Medio/Final. En relación co depósito de Lma Chá (Outeiro de Rego, Vila Real, Portugal) composto por catro puntas de lanza(unah delas de enmangue tubular e as restantes de espigo con remaches) denomínase a este tipo de puñais tipo Lama Chá. Ruiz-Gálvez suxire a súa pertenza á primeira fase do Bronce Medio, mentras que Peña Santos considera aos deste tipo máis tardíos, xa no Bronce Final, pola súa relación cos tipo Porto di Mos. Tipolóxicamente pode porse en relación directa co exemplar procedente de San Trocado (CE003589) conservado neste Museo.
Bibliografía COFFYN, A. Le Bronze Final Atlantique dans la Peninsula Iberique. 1985. fig. XLVIII; Centre Pierre Boccard, París.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. Unha urna cerámica e unha lanza de bronce. Trabalhos de Antropologia e Etnologia. 1959, XVII.p.121.

RUIZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. La Península Ibérica y sus relaciones con el círculo cultural atlántico. 1984. p. 235 fig. 2, nº9; Universidad Complutense, Madrid.
Catalogación Comendador Rey, Beatriz
| más imágenes |

Foto: Teresa Martínez Armada

Foto: Teresa Martínez Armada

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6